O pasado venres comenzamos a andaina do Club Wattpad.

Alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO reuníronse na Biblio para compartir as súas experiencias coas lecturas na aplicación. Comentamos as obras favoritas, as autoras e autores máis seguidos e destacados na app, e tamén compartimos as lecturas e os aspectos máis salientables de textos de creación propia das participantes.

Un dos obxectivos do Club é que compartades con nós a vosa obra, os vosos relatos e creacións, e tamén que participemos das vosas series favoritas a través de lecturas guiadas por vós mesmas e a inmersión no voso mundo literario que de seguro atopará afinidade coas compañeiras e compañeiros. Amais de convidarnos a novas lecturas e historias de moita aceptación na rede, e outras que non tanto e imos descubrir.

Se aínda non coñeces a aplicación déixoche aquí un link.

https://www.wattpad.com/stories/online/hot?locale=es_ES

Se che gusta ler, se es romántica ou romántico, se gustas das aventuras fantásticas, se es soñadora ou soñador, se amas a fantasía e ademais queres falar das túas obras e autores favoritos, escribes marabillosos relatos ou simplemente queres pasar un rato agradable falando do que che apaixona e coñecendo máis con persoas coas que non compartes polo miúdo, ven ao noso club, aí tes un lugar para sentirte ben e participar, para ser ti mesma/mesmo.

Agardámoste!!!!!