Os nosos pequechos de 4 anos, xunto coa profe Gloria, pasaron unhas horas facendo uso e desfrutando dos recunchos de xogos e os libros da nosa Biblio.

Tras unha visita guiada polas estanterías, recoñecendo espazos e coñecendo o mundo da Literatura, sentaron no recuncho habilitado para xogos e Literatura infantil.

Desfrutaron de libros-escenario, de construcións, xogos tradicionais e tamén das explicacións da profe que os guiou cara a ese mundo marabilloso da literatura infantil, a lectura e o xogo que tanto gustan de desfrutar acotío.

Un espazo diferente ao da aula que fixo que a xornada escolar fora diferente, amena e divertida.

Benvidas e benvidos!!!

Desexamos que a Biblio sexa o voso recuncho favorito e vervos polo miúdo.

Temos unha morea de novidades para vós.

Esperámosvos de novo!!!!!!!!

Hai uns amiguiños que están desexosos de vervos!!!!!!!!!!