O alumnado de E. I., acompañados pola Profe Rosa, fixéronnos unha visita.
Quedaron abraiados ao veren tantos libros, recunchos, mesas e cadeiras axeitadas ao seu tamaño, libros en cestos… pero, e sobre todo, o recuncho de exposición de libros escenario. Ver en vivo case sairen das páxinas dos libros sendos dinosauros, impacta.
Desfrutaron de ver, tocar, investigar, bulir polas estanterías, e escoitaron as explicacións da profesora, aprenderon a utilidade de cada sección, compartiron risas e xogos no recuncho de xogos e pasaron un rato moi divertido.
E coma non!!! Recibiron o seu carné da Biblioteca.
Pero sabedes unha cousa pequechos?
Ninguén máis feliz ca nós de termos recibido a vosa agradable visita, unha honra e un pracer que esperamos desfrutar acotío.
Graciñas pola visita chicos e profe!!!