Ola a todas e todos!
Este curso estamos de parabéns!
Estreamos a nova Biblio con moitas novidades, novos fondos, novos clubs, novos colaboradores, moita participación, moita ilusión e moita alegría.
Comenzamos o día 1 de Outubro e xa tivemos marabillosas visitas, procura de libros, e trasfega de alumnado polas estanterías.
Mais … aínda faltas ti.
A que esperas para unirte con nós nesta nova aventura?
Bótalle un ollo á Biblio, dá un paseo polas instalacións, infórmate dos nosos clubs, este curso teremos, entre outros, o Club Wattpad, estrea de clubs en 5º e 6º de Primaria, un de Misterio en Secundaria e manteremos os do curso pasado que tantas satisfaccións nos deron.
Contamos contigo!
Achégate á Biblio, agardámoste!
E lembra que temos que seguir a normativa Covid.
Vémonos axiña!!!!!!