Como os demais clubs poñemos punto e final ata o vindeiro curso ao “The darkest hour club”. Esta vez a xuntanza xirou en torno a dúas obras “A ladroa de libros” e a novela gráfica “Maus”, este último na lingua orixinal, o inglés.

Os contertulios falaron das súas impresións sobre as obras, orientados, coma sempre, polo profe Diego, e achegáronnos unha visión do que sufriron tamén os propios alemáns non nazis ou comunistas, no caso de “Maus” un comunista polaco. Concluimos con que o nazismo foi cruel con todo aquel que era ou pensaba diferente.

Hoxe o grupo veuse ampliado con convidadas e convidados de 4º de ESO que se achegaron á aula onde tivo lugar a xuntanza, xa que forman parte do mesmo grupo burbulla, e o profe Héctor. Ao final algúns animáronse a ler algunha destas obras despois de oír sobre elas, e no grupo de Classroom do Club, vanse partillar, no verán, as lecturas e comentarios sobre as mesmas, así como algunhas películas. O entusiasmo contáxiase!

No desenvolvemento deste club ao longo do curso fixemos unha viaxe polos campos de concentración, polas agachadas, polas fuxidas, pola inxustiza, pero sobre todo polos sentimentos humanos e a barbarie da que é quen o ser humano. A finalidade, coñecer a historia, a cal, se non queremos, non estamos condenados a repetir.

Parabéns a todas e todos, e vémonos o curso vindeiro!