CONTACONTOS, 3º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Dentro das actividades de Biblioteca contamos, como non podía ser menos, con actividades de contacontos e animación á lectura. Estos derradeiros días de curso, desde fai anos, celébrase a Graduación do alumnado de Educación Infantil con varias actividades entre as que se atopa a actividade de Contacontos, realizada pola profesora Mabel de Secundaria.

A rapazada mergúllase no mundo da fantasía acompañados do seu maxín e un libro máxico no que viven os personaxes dos contos que saen partillar con eles as súas historias e aventuras.

Non hai bos nin malos, todo sae ben, todos os finais son felices e todo remata cun «colorín colorado, este conto ten rematado» como a súa estadía en Infantil.

Felices e venturosas aventuras depáravos o futuro. Vento en popa e a toda vela meus!