Dous pequenos grupos de voluntarios de 1º de ESO, fixeron unha investigación na Biblioteca sobre os libros relacionados con Exipto e Mesopotamia.
Os grupos achegaron ás compañeiras e compañeiros a súa selección bibliográfica a través dunhas fichas que entregaron ao grupo-clase, e presentaron algúns dos libros, tanto de consulta como de autor, ao resto de compañeiros. Amais da escolma, tamén presentaron as obras e os aspectos máis salientables das mesmas.
Moi interesante a súa perspectiva das lecturas e moi boa escolma!