Iniciamos o Club coa participación de alumnado de 2º de ESO. Comenzamos coa presentación do autor e un achegamento á súa obra. A profe Irene presentou a Poe a través dun video e introduciunos nas súas achegas á literatura de terror, que el mesmo inaugurou, e do que segue a ser enseña máis ilustre.
Agora comenzamos a lectura dalgúns dos seus relatos para facer unha posta en común na vindeira xuntanza.
Invitámosvos a partillar connosco e desfrutar destas historias que nos adentran no máis profundo da psique humana.