Hoxe asistimos a unha nova sesión do Club de Lectura “THE DARKEST HOUR BOOK CLUB”.

Esta vez o protagonista foi ” Un saco de canicas”. Libro autobiográfico de Joseph Joffo no que narra as duras circunstancias que viviu de cativo na Francia ocupada.

Tratamos a loita pola supervivencia dun neno xudeu na Francia ocupada polos nazis. O perruqueiro Joffo, un honrado xudeu establecido no París ocupado polos nazis, decide dispersar á súa familia para evitar o cruel e posible destino que lles espera. …

Unha amena e instructiva charla dirixida, de novo, polo profe Diego aos alumnos de 4º de ESO e a todo aquel que quixo achegarse. Coma sempre quedamos cun moi bo sabor de boca e con ganas de repetir.