CLUB O UNIVERSO DE POE

Damos comenzo ao Club » O universo de Poe». Aquí vos deixamos o cartel anunciador. Edgar Allan Poe foi un escritor, poeta, crítico e xornalista romántico​​ estadounidense, xeralmente recoñecido como un dos mestres universais do relato curto, do que foi un dos primeiros practicantes no seu país. Foi renovador da novela gótica, lembrado especialmente polos seus contos de terror. Animádevos!!!!!!

O NENO CO PIXAMA DE RAIAS

O pasado venres o alumnado de 4º de ESO asistiu a outra sesión do Club de Lectura «The Darkest Hour» onde puideron partillar as súas experiencias trala lectura dun novo libro, nesta ocasión «O neno co pixama de raias» do autor irlandés John Boyne.

Os estudantes expresaron que sentimentos lles fixo vivir o libro, salientando a crueldade vivida polos nenos e nenas nas circunstancias narradas na novela.

Posteriormente o profe Diego compartiu con elas e eles dous libros con imaxes reais do campo de concentración de Auschwitz nos que se baseou o autor para a creación da súa obra, e finalmente puideron ver un breve documental filmado por un drone que sobrevoa o infame campo xenocida. Unhas imaxes impactantes para que as novas xeracións non esquezan o que nunca debe volver repetirse.

AUMENTA O CLUB DE MANGA

O Club de Manga segue aumentando coa participación de novos membros. A última integración son as alumnas de 4º de ESO Paula e Ariana. Como sabedes por mor do COVID temos que facer as reunións por grupos burbulla, así que esta derradeira xuntanza foi só con elas, pero a familia Manga crece. Benvidas rapazas!!!