O pasado venres asistimos á segunda xornada do Club de Lectura ” THE DARKEST HOUR BOOK CLUB

Este día a xuntanza ocupouse da obra ” O Diario de Ana Frank”. Cada un dos participantes expresou as súas opinións e comentou as súas impresións e conclusións sobre o libro e a súa lectura. O teacher Diego ensinounos, virtualmente, o escenario no que se desenvolve a historia, amais dunha morea de anécdotas sobre Ana Frank, a súa familia e o contexto histórico do Diario.