COMENZA O CLUB DE LECTURA DE MANGA

Asistimos ao primeiro encontro do Club de lectura de Manga, dentro do Proxecto da Biblioteca. Os membros do club, que por mor do COVID reúnense por clases, disertaron coa axuda de Izan, alumno de terceiro, sobre as aportacións do Manga ás súas vidas, os valores que extraen da súa lectura e a amenidade das historias. Cunha grande implicación amosaron o coñecemento que posúen sobre o xénero.